top of page

Xulgados na Coruña

Dous eslabóns dunha cadea que se unen coma dous grandes planos

verticais en forma de U deixando no medio o espazo circulatorio.

Exterior_Puerto8.jpg

2020 | Proxecto Académico

Xulgados Xénero, Familia
e Menores, A Coruña.

Proxecto Fin de Grao

Atopámonos no lado Este da cidade, o da ría, o dique, o porto deportivo, o pesqueiro, os cruceiros e os eternos e inmensos peiraos de mercadorías, dos que deberíamos comezar a falar en pasado. Isto sitúanos nun punto clave para entender a situación do noso proxecto, atopámonos nun punto onde a cidade pasa a ser porto, e onde no futuro vaise establecer a continuidade.

Unha parcela con fachada ao norte momentaneamente, pero que saudará á ría no futuro e é por isto que non podemos perder en ningún momento a perspectiva na que se localiza. Preténdese buscar unha continuidade do paseo marítimo e extender o paseo de borde dende a Mariña cara Oza.

Estúdanse as posibles circulacións e destácanse as principais barreiras para permitir guiar os fluxos. Diferénciase o itinerario ao bordo do mar, itinerarios interiores de paseo, de paso e as novas circuacións provocadas polo uso do noso edificio, sumando a todo isto condicionantes de asolamento e vistas da parcela. Búscase a fluidez dos usuarios e unha continua relación co exterior para que calquera usuario non teña a sensación de atoparse atrapado ou desubicado.

Co programa e a relación co entorno xa interiorizados comézase a resolver o problema. Claramente defínese un elemento potente de comunicación, será o encargado de resolver as circulacións, de estructurar o edificio, de distribuir as instalacións, de organizalo, un corazón encargado de xestionar o fluxo circulatorio. Diferenciamos tres zonas principais que se conectan como eslabóns de unha cadea mediante dous grandes planos verticais en forma de U que se unen deixando no medio o espacio circulatorio.

​

O proxecto busca ser unha obra de teatro inmersiva, onde as persoas experimentan circulando polo espazo. Xérase así unha arquitectura de fluxos e circulacións. É un edificio que se expande buscando tocar en varios puntos os límites da parcela, pero que a súa vez procura envolverse a sí mismo para sentirse portexido.

A estructura é a arquitectura, os muros de formigón armado acompañados de elementos puntuais a compoñen, e é a estructura a que resolve practicamente o programa, apenas un par de particións interiores acaban de definilo. Espazos de traballo sempre relacionados co exterior.

Non nos podemos olvidar que as salas son a peza singular dunhos Xulgados. É por elo que búscase rachar un pouco coas salas de vistas actuais, abríndoa nun dos seus costados ás vistas, deixando entrar a luz natural, rachada polas lamas. Unha celosía de lamas verticais inexistente na planta baixa, a máis pública, que vai gañando densidade segundo ascendemos por ela, ata chegar ás dúas últimas, onde duplica o seu ritmo para dar maior protección.

Preténdese co proxecto intentar despoxar ao usuario da sensación de angustia á hora de afrontarse a este tipo de edificios, buscando en todo momento que a arquitectura sexa capaz de resolver os problemas de cada un dos seus usuarios, independentemente da súa condición e procurando ser unha arquitectura xusta e verdadeira, para aproximarse ao que debería ser o sistema xudicial.

Exterior Rosaleda.jpg
Interior Hall4.jpg
arq3.jpg
arq6 copia.jpg
arq9 copia.jpg
Interior_Administracion3.jpg
Interior_Vistas22.jpg

2020 | Proxecto Académico

​

Xulgados Xénero, Familia

e Menores, A Coruña.

​

Proyecto Fin de Grado

bottom of page