2020 | Concurso
Centro Penitenciario en Klagenfurt, Austria.
Colaboración con:
Rodriguez Blanco
Arquitectos
Alejandro Mosquera
Cárceres, Hospitais, Colexios, Cuarteis, Talleres... enseñounos Foucault forman parte das tecnoloxías de control do corpo dos condenados, dos enfermos, dos traballadores, dos individuos.
A malla universal como a entendeu Jefferson, como superestructura na súa xeometría precisa antóxasenos a representación máis rotunda da disciplina, do rigor democrático en oposición ao castigo arbitrario. Disciplina sen embargo amable, matizada polas escalas e proporcións, pola natureza entendida como “Hortus conclusus”. É o espazo claustral do convento, do monasterio coma “ser” fóra do mundo, e tamén sen embargo xardín e paraíso seguindo a etimoloxía persa “pairidaêza”: lugar pechado.
Cada patio, cada claustro acolle a promesa de liberdade do recluso en forma de xardín, se ben o seu acceso a eles é limitado e controlado.
O cárcere como retiro e sanación, configúrase coma unha gran infraestructura partindo da celda coma unidade necesaria que define os pórticos, os ritmos, de menor escala e por multiplicación dos espazos de deambulación, talleres e instalacións deportivas. Superestructura sobre a paisaxe: “monumento contínuo” entre xardíns.
A celda reproduce no seu alzado interior a planta do conxunto, onde incluso cada individuo podería adiviñar a súa posición relativa, reforzando a idea de pertenza, de comunidade. O cárcere é entendido como mecanismo sanador repetido en cada escala.
A distribución claustral permite de este modo diferenciar os percorridos dos funcionarios dos dos reclusos, evitando conflictos na medida do posible. Cada departamento na planta primeira configúrase en cruz, favorecendo a vixilancia e o control a modo de panóptico.
A distribución das celdas evita as visuais entre diferentes divisións e departamentos, así, cada patio só é visible polo seu propio departamento. Os usos máis públicos, acceso, control, visitas, instalacións dos funcionarios agrúpanse na fachada norte. Talleres e Departamentos que definen o día a día dos reclusos organízanse ao redor dos patios en orientación sur.
O edificio, é ante todo infraestructura, pórticos, claustros deambulatorios, patios, xardíns que definen uha tipoloxía: neste caso un cárcere. Sen embargo, seguindo a Rossi, sobre este esqueleto, imaxinamos ampliacións, cambios de uso, reformas de maneira natural. Construimos un tipo. O programa, os usos, as necesidades hoxe son necesarias, mañá serán outras.
A dimensión, a escala é polo tanto a de infraestructura, territorial, monumental. A inserción no tecido urbano non é a doméstica nin a dos procesos naturais senón a do artificio. As referencias aquí son o aeroporto e a autopista.
2020 | Concurso
Centro Penitenciario en
Klagenfurt, Austria.
Colaboración con:
Rodriguez Blanco
Arquitectos
Alejandro Mosquera