2019 | Concurso
Estrella Galicia, A Coruña
Colaboración con:
irisarri+piñera
Rodriguez Blanco
Arquitectos
Edificio amigable e transparente que busca, ademais, establecer unidade co complexo matriz enfrontado. Temos así como elemento principal o atrio, un lugar aberto á paisaxe e de múltiples funcións que puntuamente poderán ser abertas e que, sendo parte da cidade, organiza as circulacións e os diversos puntos de entrada ao complexo, permitindo un fácil control de accesos segundo os tipos, de máis a menos accesibles.
O atrio como espazo performativo é, polo tanto, onde se atopan aqueles espazos que son o ADN da corporación e a súa imaxe. Espazos de traballo e relación contemporáneos, que responden ambientalmente e arquitectonicamente á idea de big-craft e que integran á súa vez o potencial que as TIC traen, facéndoas visibles, tanxibles e participativas nos seus contidos e manexo.
A segunda decisión de orden urbano e ambiental é aproveitar o debido retranqueo ao oeste e o gran espazo ao este como parques de enlace ao xardín a súa vez. O complexo corporativo aparece así como un campus insertado nunha paisaxe rica e cambiante coas estacións.
Un símbolo de compromiso ambiental e un eficaz mecanismo ambiental que aporta aos interiores da edificación un entorno de máxima calidade e riqueza.
O proxecto establece sinerxias entre o “novo” complexo e o entorno, e crea un rico espazo axardiñado; facendo o lugar permeable, eliminando ffrentes-barreira da rúa, mellorando o espazo público do barrio. Os espazos comunes e de uso compartido do novo complexo funcionan coma un atrio que cose e dinamiza a área, integrando as circulacións e fluxos para acadar unha maior integración na trama urbana da cidade e integrando ambientalmente o futuro parque lineal.
Eliminada a cuberta que debe ser substituída e unha fachada opaca non adecuada nin funcional, quédanos o esqueleto dun magnífico espazo. Un lugar que, agora mesmo aberto ao gran xardín e onde os patios levarán luz, aire e naturezza a todas as partes; é capaz de acoller todo o programa que representa o ADN da empresa xunto aos espazos sociais, formando un gran beergraden, que os alemáns dirían, e que para nós é, partindo do concepto de galería, un lugar que condensa e acolle todo aquelo que conforma o corazón específico da corporación Hermanos Rivera.
Un lugar que entendemos coma un espazo continuo e unitario no seu concepto, construción e percepción; pero que se especializa por partes e momentos, recollendo na súa transformación a vida e actividades das persoas que acolle e evocando transformarse segundo o momento da propia natureza que o envolve.
2019 | Concurso
Estrella Galicia, A Coruña
Colaboración con:
irisarri+piñera
Rodriguez Blanco
Arquitectos