2020 | Concurso
Nova Escola de
Secundaria, Graz.
Colaboración con:
​
Rodriguez Blanco
Arquitectos
Alejandro Mosquera
Entendemos a escola coma unha extensión do espazo público da cidade. A escola como ágora, como praza e rúa, un xardín luminoso coma aquel de Epicuro onde aprender a ser cidadán.
A escola constrúese ao redor tun patio aberto, xerando unha praza, onde se produce a espera e o acceso e onde o edificio recupera a escala amable da cidade histórica. Imaxinámonos unha praza habitada por un pequeno bosquete de bidueiros que levará frescor ás estacións quentes e servirá para atenuar o impacto sonoro producido polo uso. A praza entrégase á cidade mediante unha gran escalinata con vocación de lugar de estancia, de anfiteatro. Sobre a praza, as aulas, e baixo ela os espazos de maior escala, salón de actos, biblioteca e ximnasios.
As aulas aterrázanse na dirección norte-sur, favorecendo o asolamento da nosa praza. As terrazas configúranse a modo de cubertas verdes sobre as que unha lixeira pérgola permitirá o crecemento de plantas rubideiras, contribuíndo tamén a refrescar e reducir o ruído.
Cara a cidade, a escola non quixera ter fachadas, nin xestos nin señas porque nesa parte de ela, un lugar de encontro, de descubrimento. De este xeito, a nivel de rúa, a escola desmaterialízase permitindo unha visión cruzada este-oeste desvelándonos a complexidade da sección e dunha ollada mostra o funcionamento do mecanismo da escola: a praza-ágora chea de estudantes, a escaleira anfiteatro de acceso, os ximnasios en uso, a biblioteca e os seus lectores, as actividades da sala de usos múltiples. A escola móstrasenos coma “condensador social”, coma comunidade educativa, habitando, convivindo, nun tempo e nun lugar.
​
A escola é ademais un mecanismo de control climático. Quixera ser esta escola simplemente un espazo, climatizado ou termotopo significado na paisaxe na que se inserta, no drama dos actores que a habitan e na lexibilidade dos seus propios sistemas de termorregulación, das súas instruccións de uso.
O programa desenrólase nunha secuencia norte-sur, rúa-escalinata anfiteatro, patio-ágora, acceso, enriba os aularios e debaixo as zonas comúns. No acceso son posibles olladas profundas que atravesan o centro, tanto transversal como verticalmente, propiciando tanto o entendemento do edificio como o sentimento de pertenza á comunidade escolar. A posición do ximnasio, a das zonas comúns das aulas de cada kluster, en anel, propician o encontro casual, a ollada cruzada entre usuarios, fomentando a socialización.
O edificio debe entenderse coma unha cidade, un entretecido dos temas “rúa”, “praza” e “pasaxe”, con lecturas diversas e complexas, percorridos que cada usuario pode leer de xeito persoal, individual, seus desexos.
A escola constrúese cun basamento de muros e forxados de formigón armado con vigas de gran canto que salvan o vano do ximnasio e sobre ela unha estructura de vigas e pilares de madeira laminada que sustentan forxados e muros de madeira contralaminada, a envoltura resólvese con unha fachada trasventilada de madeira e unha celosía a modo de control solar, acústico e visual.
​
​
​
​
​
​
​
2020 | Concurso
Nova Escola de
Secundaria, Graz.
Colaboración con:
​
Rodriguez Blanco
Arquitectos
Alejandro Mosquera