2020 | Concurso
Reforma da Bozner
Platz, Innsbruck.
Colaboración con:
Rodriguez Blanco
Arquitectos
Alejandro Mosquera
Liberado do tráfico rodado o indiviuo recupera o seu espazo coma Ágora, espazo público, lugar de encontro co outro. Un sitio para quedar, para estar, un atallo, un lugar de paso, un refuxio. Un lugar para o silencio, para a ensoñación, unha porta ao centro da cidade.
O arquiduque no centro da praza, a centralidade da posición da Rudolfsbrunnen, esa aceleración centrípeta que lle provoca, dificulta dalgún modo a reapropiación deste espazo por parte da cidadanía coma lugar de estancia e relación.
Un pavimento de adoquín de granito, a xunta aberta, desplégase coma patrón circular de lugares, coma unha escuma, creando unha certa condición de campo en oposición a simetrías ou xerarquías, ao tecido-monumento Rossiano, á relación figura-fondo, ao espazo monumental, ao privilexio, á composició que suxire o Arquiduque. Sen tocalas, faremos baixar ás estatuas dos seus pedestais, trasladando así a Bozner Platz á condición espacial de contemporaneidade, que é a da paisaxe.
Nesta paisaxe cada elemento, atopa a súa posición en referencia aos demais nun xogo de gradientes e intensidades. Así xunto ao cidadán e o arquiduque habitan esta praza, parterres circulares, tilos, bidueiros, fontes, luminarias, e unhas cadeiras.
De este xogo táctico de posicións ao modo de aqueles de “Archizoom” escapan sen embargo dous trazos, dúas liñas; o Banco e a Pérgola.
O Banco, aperta, envolve, recolle, expulsa, limita, acelera, ralentiza. Propicia a circulación diagonal na praza e a estancia tranquila ao redor da Rudolfsbrunnen e certa protección respecto da circulación rodada na Brixner Strasse. O Banco executarase en grandes pezas monolíticas de mármol de maneira que se estableza un certo diálogo coa materialidade da fonte. O Banco non quere ser banco senón xesto, corpo, rostro, ferida... e sen embargo serve para sentar.
A Pérgola na súa lixereza subliña a masiva estereotomía da fonte. É unha caligrafía suspendida; a cinta conxelada dunha bailarina. A Pérgola e o Banco adxetivan a praza, coma sinais de puntuación, desprazan a relación decimonónica figura-fondo da fonte cara o abismo do estrañamento. Recuperar quizais esas liñas de fuga cara o sublime que os Alpes foron secularmente en referencia ao espazo público da cidade, agora parque temático.
Ducias de cadeiras distribúense por toda a superficie da praza a disposición dos cidadáns, que as usarán e moverán libremente, na tradición de espazo como o “Jardin du Luxembourg” en París no que as cadeiras en ausencia de visitantes reais habitan o recinto a modo de “Objet trouvé”.
A cadeira sempre á espera do individuo que a complete, que a dote de sentido. “As cadeiras” como aquelas do café Müller de Pina Bausch, ou as de Ionesco; por acumulación, amontoadas, ou en formación enchen a escena.
2020 | Concurso
Reforma da Bozner
Platz, Innsbruck.
Colaboración con:
Rodriguez Blanco
Arquitectos
Alejandro Mosquera