CITIC.
Cidade das TIC
Un zócalo con forma de “L” recolle o patio no seu ángulo
interior e resolve o programa más público.
2021 | Concurso
3er Premio
Cidade das TIC. CITIC
en A Coruña.
Con:
​
María Mera
Alejandro Tarrío
A búsqueda dun fito, dun novo referente na paisaxe, unha pegada única no territorio. Unha parcela na parte máis alta do complexo, nunha posición privilexiada, que mira ao sureste cara a desembocadura do Mero. Unha estructura ordenada, reglada e totalmente militar no resto dos edificios que compoñen a parcela, estruturas pabellonarias que serán rexeneradas para impulsar a nova Cidade das TIC, unha Cidade da cal o edificio do CITIC busca ser protagonista.
​
Unha pendente moderada acompaña a parcela, resolvéndose os edificios colindantes con noiros na súa parte posterior, o que nos leva a propoñer un zócolo en planta baixa, que absorba o desnivel e nos acompañe na entrada. Búscase invertir o xesto, ser barreira ao inicio e paso ao final. Acompaña e alinéase ao módulo existente, xerando rúa. Un frente que racha a esquina abalanzándose sobre a rúa; unha pergola que te recolle, invítate a entrar, acompáñate ao espazo interior e rediríxete cara o patio. Un patio que nace como solución ao problema topográfico, como praza, como lugar de encontro, como refuxio, una extensión da paisaxe cara o interior do edificio, que desdebuxa os límites. Un auditorio ao aire libre capaz de facer de gozar tanto a propios como alleos.
​
Un zócolo en forma de “L” que recolle o patio no seu ángulo inferior e que resolve o programa máis público, o vestíbulo de entrada e as salas de exposicións nunha á, abertas á praza como continuación do espazo; na outra, a administración e as instalacións, coma unidades funcionais independentes.
​
Na súa parte superior continúa o público. Unha cuberta transitable a que se lle da paso dende o salón de actos e a zona de descanso, abríndose á ría, ás vistas e ao sol. Un espazo dende o que contemplar.
​
Sobre o zócolo, retranqueado do frente, a torre como fito, un elemento que resolve a parte máis importante do programa: as zonas de laboratorios, os despachos e as salas de reunións. Un espazo polivalente, capaz de ofrecer distintas distribucións, todas elas combinables, atopando a maior flexibilidade no proxecto. Un elemento vertical colocado para non xerar sombras, perpendicular á estrutura xeral do complexo, aspirando a chamar a atención.
Un zócolo macizo horizontal sobre o que se apoia un elemento vertical que busca ser lixeiro, ca madeira como protagonista. Pilares en cruz encargados de recoller as vigas en retícula, sobre as que apoiarán os forxados de madeira. Unha fachada resolta en dúas peles: a inmediata, que trata de abrirse nas zonas de traballo á paisaxe, e protexerse nas zonas de reunións e despachos; e a segunda pel retranqueada cara o exterior para acabar de resolver a protección que a primeira non pode ofrecer. Unha pel permeable, que reduce a incendencia solar, permitindo que as zonas de traballon estén abertas ás vistas, do mesmo modo que o fai una lanterna dun faro. Unha dermis que envolve todo o edificio, que o iguala e que lle da carácter na súa condición.
E é que o CITIC busca ser iso, un faro que ilumine o funcionamento da Cidade das TIC, pola sús posición e pola súa condición. Coa posibilidade de duplicar o programa en altura para aumentar todavía máis o seu protagonismo, ou medrar en paralelo e completar o recuncho para destacar a súa posición.
​
Búscase un edificio conciliador, cun programa que resolva os conflitos da vida laboral e familiar. Unha sala de lactancia acompaña a cada planta do edificio. Unha cafetería con comida saúdable otorga a posibilidade aos usuarios de comer cos seus familiares. O edificio conta tamén cunha xogoteca, un espazo destinado ao coidado puntual dos nenos dos traballadores no caso de necesidade, e cunha sala de atención psicolóxica para a atención dos traballadores.
Os espazos da oficina concíbense coma plantas libres, nas que a flexibilidade é a protagonista, sendo capaz de usar sistemas de mesas electrificadas, que permiten plantexar distintas distribucións, e fomentando una liberdade de movementos entre os traballadores. Este sistema é moi útil para os traballadores que se reincorporan de épocas de teletraballo, de maneira que poden conectarse facilmente cos seus dispositivos en calquera mesa dispoñible.
O salón urbano, xera un espazo ao aire libre para favorecer a interrelación. A movilidade vese garantida co aparcadoiro de bicicletas, carga de coches eléctricos, parada de bus cercana e aparcadoiro de vehículos nas súas inmediacións.
​
​
​
2021 | Concurso
3er Premio
Cidade das TIC. CITIC
en A Coruña.
Con:
María Mera
Alejandro Tarrío