top of page

Centro de Información sobre a Almadraba

Todo xira ao redor dun mesmo protagonista, sobre o que

trata o proxecto, o atún e a almadraba.

INTERIOR_1_1.jpg

2019 | Proxecto Académico

Centro de Información sobre a Almadraba en Tarifa, Cádiz.

Premiado no Foro Cerámico Hyspalit 2018/2019

Colaboración con:
Victor Amoedo
Diego Freire


O atún é o protagonista do noso proxecto, ou mais ben o é a técnica executada para capturalo, a almadraba, empregada dende tempos prerromanos.

A parcela atópase flanqueada por dúas grandes pezas monumentais, o Castel de Guzmán el Bueno e o Castelo de Santa Catalina, canalizando a vista cara o Sur. Establécese unha conexión entre eles mediante a xeración dunha serie de prazas elevadas que formarán unha continuidade coa alameda existente, ampliando así a zona de esparcimento da cidade. Estas prazas, e debido ao salto de cota existente entre a cidade e o porto, permiten xerar debaixo o centro de información.

Trabállase o entorno para conseguir a coexistencia de dous niveis, o da cidade e o do porto. O proxecto xérase cos dous castelos sempre presentes e dotándoos da importancia que merecen. Distínguense dúas circulacións, unha superior, a través da sucesión de prazas, e unha inferior, produto do desdobramento da primeira. É esta a que nos conduce cara o espacio baixo a praza.

Un espazo que contrasta co resto, unha cor vermella que invade toda a abertura, captando a atención. Un interior diseñado para transmitir sensacións, para entender como o atún é capturado. Un percorrido libre en certos puntos, que permite xogar e modificar o espazo, descubrir as distintas zonas. Zonas permeábeis como son as liñas de cordas que penduran do teito e zigzaguean por todo o espazo e contrastan cós muros de ladrillo, algúns deles inclinados, sobre os que esvara a luz procedente da praza e cara os cales o chan elévase antes de tocar con eles, búsqueda de movemento, da sensación de nadar enriba dunha rede, con total liberdade pero coartado ao mesmo tempo.

Entre estes espazos descorre o centro de información, con potencia, e tamén con vibración.

Ao mesmo tempo comparten espazo unha pequena sala para oficinas e espazos de traballo en grupo, pero totalmente polivalente e adaptable a distintos usos. Se continuamos cara o final atopámonos cun acceso regulado ao porto, que desemboca nunha pequena praza dentro do mesmo, r dende a cal se pode acceder aos pantaláns facilmente.

A cor do atún, monocromática por fóra e intenso por dentro, queda representado no proxecto, é nas aberturas da peza onde se manifesta o vermello do ladrillo. Na fachada a sucesión de planos verticais actúa ordeando a vista no interior, como si dunha columna vertebral e espiñas se tratase.

Todo xira ao redor dun mesmo protagonista, sobre o que trata o proxecto, o atún e a almadraba.

PANEL_HISPALYT.jpg
PANEL_HISPALYT2.jpg
INTERIOR_2_1.jpg

2019 | Proxecto Académico

Centro de Información sobre a Almadraba en Tarifa, Cádiz.

Premiado no Foro Cerámico Hyspalit 2018/2019

Colaboración con:

Victor Amoedo

Diego Freire

bottom of page