top of page

Noria

  • Writer: malva
    malva
  • Jul 31, 2021
  • 1 min read

Xiramos sobre algo que xira.


Nalgún momento fumos centro e todo xiraba sobre nos, algún segue pretendendo selo, pero en xeral perdimos o centro, case non sabemos onde está apoiada a punta do compás. As veces o centro se deixa notar, pero é un centro relativo dentro de outro maior, que a súa vez está dentro de outro aínda máis grande. O universo como noria xigante que á súa vez sostén outras norias máis pequenas, en cuxos brazos hai máis norias e que tamén teñen máis nor... ¿Cal é o noso punto de apoio?


"Mira as estrelas e non aos teus pés. Intenta entender que é o que ves e pregúntate que é o que fai que o universo exista. Ten curiosidade."

Stephen Hawking

 
 
 

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page