E resulta que a terra non é plana.
Detrás non hai nada, precipicio, baleiro, o abismo, é como cando acaba o mar no horizonte, precipita en cascada cara as profundidades. Antes o plano en dúas dimensións concentraba os nosos esforzos por entender o inexplicable, agora xa nos ensinaron que hai máis figuras que as representadas en dúas dimensións, pero aínda así é difícil comprender por que os que están boca abaixo non caen, abraiante gravidade.
"A arquitectura non está basada no formigón e no aceiro e os elementos da terra. Está basada no abraio."
Daniel Libeskind
Comments