top of page

Piscina en Elviña

Unha sucesión de planos horizontais que acompañan e

respetan o territorio, perpetuando a súa continuidade.

piscina.jpg

2018 | Proxecto Académico

Piscina en Elviña, A Coruña.

Colaboración con:
Victor Amoedo
Diego Freire

Unha bolsa de solo rural practicamente inalterada no medio da urbanidade, restrinxida en todos os seus lados. Dentro do ámbito temos edificación illada e escasa, onde a gran maioría é terreo agrícola, algún deles en desuso.

Preténdese unha intervención acorde co territorio, producindo a menor alteración posible e dándolle ao ámbito a posibilidade de permanecer no tempo.

O territorio atópase cunha estructura parcelaria, servidumes de paso e camiños, propia do rural. Partimos da idea de conectar os dous lados do ámbito dun xeito peonil, favorecendo o tránsito dun Campus a outro.

Na parte inferior, aproveitando as preexistencias da canteira, proponse outro equipamento destinado tanto a uso universitario como ao do resto da poboación. Xéranse unha serie de plataformas que acompañan a pendente, para producir o mínimo impacto visual e ter a sensación  de que o territorio segue sendo contínuo.

Os planos elévanse suavemente para xerar os equipamentos, e o resto do territorio enlázase dunha maneira orgánica, apoiándose sempre no parcelario, camiños e topografía existente, xerando así o proxecto como unha prolongación do coetáneo.

Os dous planos que resolven o territorio na parte baixa do ámbito convírtense nas cubertas da piscina. Como se dunha escavación se tratase, o graderío e a piscina, tállanse. Éntendese o percorrido como unha baixada en espiral por detrás da grada, que te encamiña cara os vestiarios e remata baixando a planta de instalacións.

​

A xeometría acompaña toda a proposta, sen vértices, sempre con liñas rectas e curvas sutís, o pavimento acompaña  tamén o xiro, e todo enfoca sempre cara a piscina, que aparece e desaparece pero mantense sempre como protagonista.

A rampla desdóbrase ao longo do percorrido para xerar as dúas plataformas do ximnasio, envoltas pola mesma pel que conforma todo o peche, unha pel continua de vidro que rodea todo o recinto. Os vestiarios xéranse coma un percorrido: unha entrada indirecta, zona de cmabiador, baños e duchas.

A cuberta principal non será transitable, terá un caracter vexetal para acoplarse ao entorno. A cuberta transitable máclase con esta, pero sin tocala na súa intersección, sempre permitindo a continuidade da vexetación en todo o plano. A parte transitable permitirá a baixada dende a parte superior do ámbito, e constará de dúas baixadas, unha dirixida cara o ocio e paseo e outra máis directa cara o equipamento.

Confórmase así a piscina, de carácter olímpico, con capacidade para 450 persoas na grada, 150 no ximnasio e 250 en natación.

panel3.jpg
panel5.jpg
DEF2.jpg
seccion.png

2018 | Proxecto Académico

Piscina en Elviña, A Coruña.

Colaboración con:
Victor Amoedo
Diego Freire

bottom of page