31 de jul de 2021

Pegada

Deixando pegada.
 

Sen rumbo a ningunha parte, deambulas, chegas a pasar varias veces polo mesmo punto, perdido, aturdido e sen querer deixas pegada, presencia, indicas ao mundo que alguén antes ca ti pasou por aquel sitio, por iso é tan difícil facerse notar onde xa ten pisado moita xente, aínda que pases pisando forte. O pasar varias veces polo mesmo sitio, ou ter pisado sobre o mesmo axuda a entender que ás veces é mellor pisar máis sutilmente pero ter claro cara onde vai esa pisada.

"A memoria é unha parte intrínseca da arquitectura, porque sen saber onde estivemos, non temos idea de cara onde imos."

Daniel Libeskind

2
0